skip to main |
skip to sidebar
- Abre con GIMP a imaxe seleccionada.
- Duplica a capa de fondo.
- Fai zoom ó 300%.
- Utiliza a ferramenta de saneado. Selecciona a opacidade nun 50%. Fai clic xunto con "Ctrl" nun punto da imaxe e selecciona a textura e a cor; a continuación vai facendo clic sobre as zonas a modificar.
- Abre con GIMP a imaxe seleccionada.
- Duplica a capa de fondo.
- Selecciona a ferramenta de clonado coa opacidade ó 50% e activando o desvanecemento.
- Pulsa Ctrl e fai clic co botón esquerdo do rato nunha zona de auga cercana ó barco que queremos eliminar.
- Solta Ctrl e vai facendo clic sobre o barco a eliminar ata conseguir a súa desaparición.
- Repite isto ata conseguir a desaparición de todos os barcos.
- Abre con GIMP a imaxe seleccionada.
- Duplica a capa de fondo.
- Pixeliza a imaxe orixinal mediante o filtro Filtros -> Desenfoque -> Pixelizar (Bloques de 20×20 píxeles).
- Crea unha nova imaxe de cor branco de 20×20 píxeles.
- Crea unha selección circular de 20×20 píxeles coa opción Difuminar os bordes activada.
- Agora necesitamos engadir unha canle alfa á imaxe. Para iso vai o menú Capa -> Transparencia -> Engadir canle alfa.
- Fai clic en Editar -> Limpar.
- Selecciona toda a imaxe facendo clic en Seleccionar -> Todo. Copia a selección.
- Volve á imaxe pixelada orixinal. Engade unha nova capa á imaxe e selecciona o Bote de pintura. Marca as opcións Recheo con patrón e Rechear a selección completamente.
- Fai clic no recadro que aparece baixo Recheo con patrón
para elexir o patrón desexado (o
círculo transparente que temos no portapapeles).
- Fai clic na capa recén creada.
Template by: