domingo, 9 de junio de 2013

Efecto Pop-Art

  1. Abre con GIMP a imaxe seleccionada.
  2. Duplica a capa de fondo.
  3. Pixeliza a imaxe orixinal mediante o filtro Filtros -> Desenfoque -> Pixelizar (Bloques de 20×20 píxeles).
  4. Crea unha nova imaxe de cor branco de 20×20 píxeles.
  5. Crea unha selección circular de 20×20 píxeles coa opción Difuminar os bordes activada.
  6. Agora necesitamos engadir unha canle alfa á imaxe. Para iso vai o menú Capa -> Transparencia -> Engadir canle alfa.
  7. Fai clic en Editar -> Limpar.
  8. Selecciona toda a imaxe facendo clic en Seleccionar -> Todo. Copia a selección.
  9. Volve á imaxe pixelada orixinal. Engade unha nova capa á imaxe e selecciona o Bote de pintura. Marca as opcións Recheo con patrón e Rechear a selección completamente.
  10. Fai clic no recadro que aparece baixo Recheo con patrón para elexir o patrón desexado (o círculo transparente que temos no portapapeles).
  11. Fai clic na capa recén creada.

                                                  

0 comentarios:

Publicar un comentario

Template by:
Free Blog Templates