O Samaín, tamén coñecido como Noite de Bruxas ou Noite de Difuntos, é unha festa de orixen celta que se celebra principalmente nos Estados Unidos, Canadá, Irlanda, o Reino Unido e en países non anglosaxóns como México e Colombia na noite do 31 de outubro. Ten orixe na festividade celta do Samhain, que deriva do irlandés antigo e significa fin do verán e a festividade cristiá do Día de Todos os Santos. En gran parte, é unha celebración secular aínda que algúns consideran que posúe un trasfondo relixioso. Os inmigrantes irlandeses transmitiron versións da tradición a América do Norte durante a Gran fame irlandesa de 1840.
O día asóciase a miúdo coas cores laranxa, negra e morada e está fortemente ligado a símbolos como a Jack-o'-lantern. As actividades típicas de Samaín son o famoso truco ou trato e as festas de disfraces, ademáis das fogueiras, a visita de casas encantadas, as bromas, a lectura de historias de medo e o visionado de películas de medo.
O Samhain tamén era un momento para facer balance dos suministros de alimentos e do gando para prepararse para o inverno. As fogueiras
tamén desempeñaron un papel importante nas festividades. Todos os
outros lumes se apagaban e en cada fogar encendíase unha fogueira na
cheminea. Os osos dos animais sacrificados lanzábanse á fogueira.
Cando tivo lugar a ocupación romana dos dominios celtas a festividade foi asimilada por estes. Aínda que xa se celebraban os últimos días de outubro e primeiros de novembro unha festividade coñecida como a «festa da colleita», en honor a Pomona (deusa dos árboees frutais), mezcláronse ambas tradicións. As mazás eran moi populares e rapidamente formaron parte da celebración.
Nunha época na que predominaban as festividades «paganas», os papas Gregorio III (731–741) e Gregorio IV (827–844) intentaron suplantala por unha festividade cristiá (Día de Todos os Santos) que foi trasladada do 13 de maio ó 1 de novembro.
0 comentarios:
Publicar un comentario