Para facer esta composición creamos unha imaxe con fondo branco de 400x400 píxeles. A continuación crea catro cadrados de 300x300 píxeles. Pinta o primeiro cadrado co patrón Small Squares, o segundo de cor gris clara, o terceiro co patrón Pine e o cuarto de cor negra. Por último coloca as capas coa Ferramenta mover tal como aparece na imaxe.
Para facer esta composición temos que voltear a imaxe da esquerda. Despois temos que acurtar o ancho de cada imaxe á metade, pero non o alto.
Para facer esta composición o primeiro que temos que facer é voltear a imaxe da estatua do león. Agora combinaremos as capas co modo Combinar granulado. Por ultimo temos que utilizar a Ferramenta mover para botar as imaxes hacia o lado para que non se superpoñan as caras das estatuas.
Para facer esta composición o primeiro que temos que facer é aliñar o texto co seu fondo. Para iso temos a ferramenta Alineación. Selecciona co botón esquerdo do rato o fondo de texto e, despois, pulsando a tecla Shift, selecciona o texto. Despois preme os botóns Alinear ó centro do obxectivo e Alinear á metade do obxectivo. Agora facemos clic co botón dereito na capa oceano.xcf e escollemos a opción Combinar hacia abaixo para unir as dúas capas nunha soa. Agora temos que facer unhas liñas de guía para encadrar o cadro de texto. Despois de encadralo borramos as liñas de guía coa opción Imaxe->Guías-> Quitar todas as guías. Por último temos que empequenecer os paxaros. Para isto fai clic na capa do Paxaro 1 co botón dereito do rato, escolle a opción Escalar capa e dalle unha anchura de 30 píxeles. Repite a acción para os outros dous paxaros e despois colócaos no sitio que prefiras.
![]() |
| Gráfica sobre as ganancias de Microsoft nos últimos 4 anos. |
| Para facer esta composición temos que abrir con GIMP a imaxe de fondo e crear unha nova capa do mesmo tamaño e de cor branca. Usando a ferramenta Selección rectangular coa opción Difuminar bordes cun radio de 30 fai unha selección un pouco máis pequena que a capa. Agora selecciona a parte exterior da capa. Para iso fai clic no menú Seleccionar -> Invertir. Agora co botón dereito do rato escolle Editar -> Limpar. Quita a selección con Seleccionar -> Ningún. Aplica unha opacidade de 65 á capa Fondo branco. Pon unhas guías horizontais nos píxeles 100, 300, 500 e 700; e verticais nos píxeles 250, 500, 750, 1000 e 1250. Escolle a ferramenta Lápiz na Caixa de ferramentas e elixe o pincel Circle 5, como cor selecciona bf0404. Acércate con esta ferramenta ó punto (80, 320) e debuxa unha liña sobre a guía horizontal situada no píxel 320 e outra sobre a guía vertical situada no píxel 80. Debuxa despacio e con coidado. Marca tres liñas nos píxeles 100, 300 e 500 do eixo vertical para marcar as posicións de "20.000", "40.000" e "60.000" coa ferramenta Texto da Caixa de ferramentas. Marca catro liñas nos píxeles 500, 750, 1.000 e 1250 do eixo horizontal para representar os valores correspondientes ós anos "2009", "2010", "2011" e "2012"coa ferramenta Texto da Caixa de ferramentas. Abre como capa a imaxe das moedas. Chama á nova capa "moedas2009" e duplícaa tres veces poñendolles como nomes "moedas2010", "moedas2011" e "moedas2012". Facendo clic dereito sobre a capa "moedas2009" na Ventá Capas, elixe Escalar capa. Na altura da imaxe pon 165. Acepta e coloca a capa na guía correspondente ó ano "2009".Repite o proceso sobre a capa "moedas2010" poñendo como altura 200 píxeles. Coloca a capa sobre a guía do ano "2010". Selecciona a capa "moedas2011" e aplica unha escala de capa cunha altura de 210 píxeles. Coloca a capa na guía correspondente ó ano "2011".Selecciona a capa "moedas2012" e aplica unha escala de capa co valor 600 píxeles en altura. Coloca a capa na guía do ano "2012". Por último fai clic dereito sobre calquera capa da Ventá Capas e escolle a opción Aplanar a imaxe. |





0 comentarios:
Publicar un comentario