miércoles, 22 de mayo de 2013

Fora de límites

Nesta entrada vou a explicar como se consigue o efecto fóra de límites.
  1. Abre con GIMP a foto escollida.
  2. Crea dúas capas transparentes.
  3. Coloca a capa da foto entre as transparentes.
  4. Selecciona a primeira capa transparente e coa ferramenta de selección crea un rectángulo (este será o marco). Píntao de branco.
  5. Co rectángulo seleccionado vai a Seleccionar ->Encoller -> 20 píxeles aproximadamente.
  6. Vai a Editar ->Cortar (podes premer a tecla Supr.).
  7. Selecciona o marco coa ferramenta de selección difusa.
  8. Acomoda un pouco o marco coa ferramenta de perspectiva.
  9. Aplicalle un desenfoque ó marco: vai a Filtro -> Desenfoque -> Desenfoque gaussiano -> 2 o 3 píxeles.
  10. Engade  máscaras de capa (branco) na capa do marco e na capa da foto.
  11. Elimina as zonas do marco que non nos interesan, para iso píntao con pincel e color negro.
  12. Selecciona a capa da foto.
  13. Coa ferramenta de selección libre selecciona o contorno e píntao para que se borre.
  14. Despois de borrar o contorno non desexado, pinta doutra cor a capa transparente de fondo.
Estas son algunhas imaxes que fixen seguindo estes pasos:


0 comentarios:

Publicar un comentario

Template by:
Free Blog Templates