Wolfgang Amadeus
Mozart (Salzburgo,27
de xaneirode1756–Viena,5 de decembrode1791),
foi uncompositor e pianistaaustriaco, mestre doClasicismo, considerado como un dos
músicos máis influentes e destacados da historia.
Retrato póstumo, obra de Barbara Krafft, 1819.
A obra mozartiana
abarca todos os xéneros musicaisda súa época e alcanza máis de seiscentas
creacións, na súa maioría recoñecidas como obras mestras damúsica sinfónica,concertante,de cámara, parapiano,operística e coral, logrando unha
popularidade e difusión universais.
Na súa nenez máis pronta
enSalzburgo, Mozart mostrou unha
capacidadeprodixiosano dominio de instrumentos deteclado e do violín. Con tan só cinco
anos xa compoñía obras musicais e as súas interpretacións eran do aprecio da
aristocracia erealeza europea. Ós
dezasete anos foi contratado como músico na corte de Salzburgo, pero a súa inquetude
levouno a viaxar en busca dunha mellor posición, sempre compoñendo de forma
prolífica. Durante a súa visita aVienaen1781,
tras ser despedido do seu posto na corte, decidiu instalarse nesta cidade onde
alcanzou a fama que mantivo o resto da súa vida, a pesar de pasar por situacións
financieiras difíciles. Nos seus anos finais, compuso moitas das súas
sinfonías, concertos e óperas máis coñecidas, así como o seu Réquiem. Ascircunstancias da súa temprana morte foron obxecto de numerosas
especulacións e elevadas á categoría de mito.
Mozart en 1789, por Doris Stock.
En palabras de
críticos de música, Mozart sempre aprendía vorazmente de outros músicos e desenvolveu
un esplendor e unha madurez de estilo que abarcou desde a luz e a elegancia, á
oscuridade e a pasión. A súa
influencia en toda a música occidentalposterior
é profunda;Ludwig van Beethovenescribiu as súas primeiras composicións
á sombra de Mozart, de quenJoseph
Haydnescribiu que «a posteridade
non verá tal talento outra vez en cen anos».
0 comentarios:
Publicar un comentario