- Abre con GIMP a imaxe elexida.
- Si cres que a imaxe ten pouco brillo ou contraste, fai clic co botón dereito sobre a imaxe e vai á opción Brillo e contraste que se atopa na pestaña Cores.
- Na Caixa de ferramentas de GIMP elixe a opción Selección rectangular e realiza unha selección rectangular a un centímetro do borde da imaxe. Para iso debes situarte na parte superior esquerda da imaxe, fai clic e, sen soltar, arrastra formando un rectángulo. Cando vexas que se formou o rectángulo solta o botón do rato. Presiona a tecla Enter para confirmar a selección. Os lados do rectángulo delimitan a parte da imaxe seleccionada.
- Pulsa o botón Activar máscara rápida que se atopa na esquina inferior esquerda da Ventá imaxe. A Máscara rápida permite traballar de forma máis cómoda coas seleccións. Vas a deformar a selección utilizando un Filtro. Si fas clic co botón dereito do rato sobre calquera parte da imaxe e no menú emerxente que aparece seleccionas Filtros Distorsións Ondas. Aparecerá un cadro de diálogo con certos parámetros. Selecciona os valores que prefiras e acepta a Máscara rápida.
- Para que a máscara non teña un borde tan duro vamos a difuminala utilizando outro filtro. Neste caso, selecciona Filtros -> Desenfoque -> Desenfoque gaussiano. Na Ventá de diálogo do Filtro pon tanto na casilla vertical como na horizontal o valor de 10. Observa como os bordes da máscara quedaron desenfocados.
- Ó facer clic de novo no botón Máscara rápida, obtés unha selección coa forma da Máscara rápida. A parte seleccionada é o interior, pero a que queremos é a exterior. Para comprobar que parte é a seleccionada existe unha ferramenta chamada Editor de selección á que se accede desde Ventás -> Diálogos empotrables -> Editor de selección. A parte seleccionada é a zona da ventá que se mostra en cor branca no Editor de selección. Se fas clic no terceiro botón, conseguirás que a selección quede invertida.
- Agora vas a rechear a selección obtida cun patrón. Na Caixa de ferramentas elixe Rechear cunha cor ou patrón e na ventá Opcións de ferramentas marca as opcións Recheo con patrón e Rechear a selección completamente.
- Agora escolle un patrón. Coloca o punteiro do rato dentro de calqueira parte da selección e preme o boton esquerdo do rato, obtendo o recheo que escolleches.
- Quita a selección para velo resultado. Fai clic co botón sobre calquera parte da imaxe: Seleccionar Ningún.
Estes son os traballos que fixen:
 |
| Filtros -> Luces e sombras -> Supernova |
 |
| Filtros -> Distorsións -> Ondas |
 |
| Filtros -> Ruído -> Manchar |
 |
| Filtros -> Distorsións -> Ondular |
 |
| Filtros -> Desenfoque -> Pixelizar |
 |
| Filtros -> Distorsións -> Ondas |
 |
| Filtros -> Distorsións -> Repuxado |
 |
| Filtros -> Artísticos -> Pintura ó óleo |
 |
| Filtros -> Mapa -> Baldosas pequenas |
|
|
|
|
|
|
0 comentarios:
Publicar un comentario